Abr
5
Autor: Pdte. AXP Categoría: Noticias

Hola a todos! logo dunha semaniña, volvo a escribir. Logo de reflexionar un tempo vou a valorar a Pascua 2008, esta Pascua en canto actividades foi das millores, pero en canto a público, non. Para min él é o que manda porque a fin de contas as festas fanse pa xente non pa tres ou catro.

Así, o concerto de Pereza, inda que pareza mentira non foi un desastre, nin houberon 50 persoas soamente, porque a ver dentro do recinto había máis de 3000 persoas, e de feito entradas vendidas foron 2600 (datos reais, non bulos). A organización esperaba máis? sí, non o nego, pero dado a rapidez do asunto co que se fixo todo, damonos por satisfeitos, podía ser pior, porque con esas entradas case se financia o concerto e o que queda por financiar é un gasto asumible.

Sigo polo II festival do Sar, do cal estou bastante decepcionado, polo público sobre todo e tamen pola organización, o público volveu a ser parexo o do I festival do Sar, cerca de 500 persoas. O cal me fai reflexionar, que o lugar e a data non son as millores para facer este tipo de festivais. É certo que se milloraron aspectos tales como: sonido, escenario, barra, acondicionamento do lugar… pero o festival quedouse estancado. O que significa que se vai plantear a sua desaparición.

O concerto de Jazz foi unha pena que non houbera público, porque a xente que non foi perdeuse realmente un espectaculo dos bos. Se falades con alguen dos asistentes, tede por seguro que non vai falar mal dos concertos. Lástima o tempo, lástima que non estivera moi anunciado e lástima o lugar… Tamén resaltar que aquí a organización floxeou bastante.

As orquestras, pois o final non eran tan malas como parecían, e seguiron no tono de anteriores pascoas.

A Roda, os touros, a feira cabalar, as bandas, as charangas… éxito, nada máis que dicir.

Quedarían máis cousas por analizar pero xa non me vou meter en deportes, en protocolo, etc. O que realmente lle afecta a AXP, é o II Festival do Sar e o Concerto de Jazz, e estou valorando o resto de pura opinion persoal.

Dende o meu punto de vista, as festas teñen que cambiar, pero non no sentido no que cambiaron este ano, na pascoa hai pouco que retocar e moito o resto do ano que engadir.Toca facer autocritica tanto a AXP como a comisión, aceptar as criticas que axuden a millorar, non rendirse, e traballar para conseguer o que a xente espera en festexos e dos xovenes, que non so nos vamos a centrar en festas.

Para terminar falar que a AXP, segue en pe, esto é unha cousa seria, a xente que confía en nos non se vai sentir defraudada, porque esto é bo para Padrón, e porque hai membros que queren traballar e contribuir a facer un Padrón millor para eles, que o fin é o cabo é para todos. Tamen, que nadie se sinta equivocado ca idea da AXP, danos igual Cipa, PP, PSOE, BNG ou PG. Agora mesmo colaboramos con Cipa e Psoe, pero se nun futuro ou agora mesmo temos que colaborar cos outros partidos, sempre que sexa en beneficio dos xovenes, por seguro que colaboraremos e faremolo o millor posible, non estamos aquí soamente 4 anos. Nin nos financia o concello, que nadie se equivoque.

Por último agradecer a esas poucas persoas que axudaron desinteresadamente, os compañeiros da AXP que traballaron sen cobrar nada e a Comisión que inda que cobrou cada membro 2000€ (ficticios) intentou facer o millor para todos vos.

Un saúdo



Comentarios:
3 Comentarios en "Volvendo a normalidade…"
charlety (6 Abril 2008 6:31)

Hay que hacer balance negativo, pero tampoco hasta el extremo de quitar el festival, creo yo, tiempo al tiempo, todo lleva su tiempo, y aunque 2 no vayan bien tanto como se esperaba, ya irá mejor poco a poco. Espero que para la proxima colaboremos mas de la AXP (el tiempo que cada uno pudimos) y reflexionar mas las cosas antes de hacerlas, por lo de pronto, vamos para delante, con sus criticas claro, pero eso ahora no importa tanto como para dejarlo todo a un lado. Un saludo!


Miguel (6 Abril 2008 13:10)

eu creo que o Festival do Sar debe ser en veran,algo mais currado,que estivo bastante currado pero…creo que polo santiaguiño estaria mellor,no veran o ambiente é distinto,e metelo na pascua nn sei si sería boa cousa…saudos e noraboa por todo!a Pascua pa min un 10!


ponte (7 Abril 2008 21:39)

NON VOS DESANIMEDES TANTO A COMISION DE FESTAS COMO A AXP QUE O VOSO ESFORZO VEUSE E XENTE EN PADRON COMA VOS POUCA ANIMO E ADIANTE E QUE NON DESAPAREZCA NADA DE NADA NIN O FESTIVAL DO SAR NIN O DE JAZZ NI NINGUN OUTRO CONCERTO QUE NOS OS XOVENES DE PADRON ESTAMOS DESEXANDO QUE VEÑA OUTRA PASCOA OU O SANTIAGUIÑO DO MONTE PRA DISFRUTAR AHORA SI DESPOIS DE 24 ANOS DAS FESTAS DO NOSO POBO GRACIAS A TODOS E ADIANTE.


Escribe tu comentario
Nombre/Nick: 
Email: 
URL: 
Comentario: